Saturday 11 de May de 2024

Vinte establecementos participan no primeiro “Mercadillo de Verán” organizado pola Concellaría de Promoción Económica


DO 8 AO 10 DE SETEMBRO

O Concello de Carballo conta coa colaboración do CCA para reunir na rúa Jacinto Amigo Lera unha boa mostra da ampla oferta comercial da vila

Unha vintena de establecementos participarán do 8 ao 10 deste mes no primeiro Mercadillo de Verán impulsado desde a Concellaría de Promoción Económica e no que contamos coa colaboración do Centro Comercial Aberto (CCA) para o seu de-senvolvemento, de xeito que todo o protagonismo recae no comercio local.

O Mercadillo de Verán desenvolverase na rúa Jacinto Amigo Lera, que se converterá no gran centro comercial da vila durante toda a fin de semana, cunha ampla oferta que in-clúe téxtil, calzado, complementos, agasallos, deportes, xoguetes, informática e moito máis! O comercio carballés sae á rúa cos produtos de calidade que o caracterizan e cos mellores prezos da temporada. Os descontos poden acadar ata o 80%, polo que este evento convértese nunha excelente oportunidade para todo o público.

Estes son os establecementos participantes, seleccionados polo propio CCA entre os seus asociados: A fragua, Akira, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Chiquikids, D&A Complementos, DV Carballo, Jorge moda, Lencería Mª José, Maker Store, Maluca Lobe, necos, O barco dos soños, Refugallo Zero, regalosyregalitos.com, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas. Cada un deles contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores.

O Mercadillo de Verán abrirá as súas portas o venres pola tarde. Toma nota dos hora-rios:
• Venres, de 17.00 a 21.00 horas
• Sábado, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas
• Domingo, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 19.00 horas